viernes, 24 de junio de 2011

Bolboretas

O frenético fin de curso non nos deixou moito tempo para bloguear.

Dúas semanas despois de que o primeiro verme fixera o casulo comezaron tamén a saír as bolboretas. De súpeto, en poucas horas, máis ou menos no prazo de dous días completos xa estaban todas en activo. Saíron primeiro tres machos, tan quediños estaban que pensamos que eran femias; pero ao saír a primeira femia xa bateron como tolos as súas pequenas ás e poidemos ver a diferenza nas proporcións: os machos son máis pequenos. Pódese pinchar na foto para ver con máis detalle.