jueves, 19 de abril de 2012
Algúns datos prácticos
A vida dun verme de seda esténdese de tres a catro semanas. Medran, comen, cagan, medran, comen e comen case sen parar. Mudan de camisa dúas ou tres veces. Cando nacen son pequenas raias negras que se moven, do tamaño dunha viruta de mina de lápis. Xa grandes, son gordos coma o dedo maimiño dunha persoa adulta e duns oito centímetros de longos. Lles chega o momento de facer o casulo e paran de comer; buscan un lugar axeitado e van tecendo a seda. Unha vez dentro do casulo se transforman en bolboretas, é unha maxia que paga a pena presenciar; o ano pasado este cambio vivímolo con emoción, xa que poidemos presenciar a saída de varias bolboretas. Os vermes viven pouco tempo dentro do casulo, unha semana ou algún día máis, e xa como bolboretas non precisan comer, o obxectivo é aparearse e poñer os ovos. En conxunto o proceso dura un mes, é como ter a primavera metida en casa.
Temporada de vermes 2012
Comeza a temporada de vermes. Sacamos as caixas con ovos do
trasteiro o domingo pasado, o 15 de abril, e xa naceran bastantes vermes. Houbo
que saír a buscar follas de moreira a última hora da tarde para os
mini-vermiños recén nacidos. A foto é de hoxe, xa teñen perto dunha semana.
Temos tantos que xa empezamos a regalar. O primeiro agasallo
foi para Andrea e Francisco, que levaron máis de cen. Tamén teñen un blog desde
esta semana: coidandovermesdeseda. O seu blog é chulísimo e ten fotos interesantes. BENVIDOS!
Chegou a primavera
Suscribirse a:
Entradas (Atom)