domingo, 24 de junio de 2012

Natureza morta que é vida


Xa cerca do remate da temporada facemos reconto de bolboretas. Quedan cinco vivas, pero por pouco tempo. O resto foron morrendo, mais non sen deixar centos de ovos que serán vermes na primavera de 2013.

domingo, 17 de junio de 2012

A breve e intensa vida das bolboretas

Fixemos algunhas fotografías de bolboretas, parellas acopladas e ovos e máis ovos. Ao saír do casulo, proceso que lles leva entre unha e dúas horas, as bolboretas soltan líquido, parece sangue. Ao pouco xa empezan os machos a buscar ás femias para acoplarse.



miércoles, 13 de junio de 2012

Metamorfoses

Dende o 31 de maio cada día saían bolboretas, ata 50 que temos hoxe, algunhas xa morreron, e hai ovos por todas partes. Aquí, a vista de paxaro, a mesma caixa da entrada anterior.



Esta fotografía foi tomada o 4 de xuño

domingo, 20 de mayo de 2012

Vista dende o satélite


A invasión dos casulos

Este ano os vermes comeron e medraron tanto que empezabamos a temer que non pararan. Mirade que gordechos.


Coller moreira, limpar as caixas, revisar a talla... Déronnos moito traballo. Aquí están Helena e Alicia de limpeza (o venres 11 de maio):



E por fin o pasado 14 de maio empezaron os primeiros vermes a facer o casulo. Estas fotos están tomadas con 24 horas de diferencia:


Cada día uns 5 ou 6 vermes deixaban de comer e comezaban a buscar un recuncho onde pegar a seda. Houbo que axudarlles construindo paredes de cartón.



O máis efectivo resultaron finalmente as caixas de ovos, teñen un tamaño moi axeitado para un ou dous vermes:




Aínda que os casulos son todos amarelos, apréciase nesta fotografía a diferencia de cor. Se non vixiamos é frecuente que os vermes comecen a tecer a seda na tapa da caixa, como lles pasou a Pablo e Manoel:

jueves, 17 de mayo de 2012

Sete pares de patas


Pinchando na foto podedes vela ampliada. Paga a pena.

Vermes viaxeiros

Xa coa temporada bastante adiantada, aínda regalamos vermes a algúns amigos: a Felisa, para as súas nenas Elsa e Alda; a Pablo, da clase de 6º, que non lle quixo dicir a súa nai que nolos pedira por medo a que non lle deixase crialos; a Manel e Pablo H., tamén alumnos do Quiroga Palacios, que enviaron esta luminosa foto tomada o 7 de maio para ilustrar o blog. Grazas! Vese nela o ben coidados que están.


viernes, 11 de mayo de 2012

Terceira muda

Estas fotografías son do pasado 5 de maio, día en que atopamos novamente vellas mudas por todas partes.  Están medrando tanto os vermes que precisan comida fresca cada xornada. É emocionante quedar observando en silencio e escoitar o rítmico runrún das cabeciñas contra o verde.



martes, 1 de mayo de 2012

Seguimos a aprender cousas dos vermes de seda

Na actividade desta temporada estamos a aprender cousas novas grazas ao contacto con outras persoas que coidan vermes e disfrutan vendo como viven e medran. Agora sabemos de que cor será o casulo antes de que se empece a facer, e o número exacto de mudas que acontecen na vida dun verme de seda. Grazas ao blog de Andrea e Francisco poidemos coñecer as interesantes explicacións de Vicente de Alba Mora, que ilustra ademáis o seu blog con magníficas fotografías. Recomendamos especialmente a consulta dos pasos nos que resume con consellos prácticos e sinxelos COMO CRIAR vermes de seda. Dende o blog de Vicente, temos tamén acceso a outros lugares de interese, en especial se desexamos aprender sobre especies diferentes de vermes.


Segunda muda


Á volta da fin de semana, que pasamos fora, atopamos que os vermes cambiaron de pel. Nas fotografías se pode apreciar o cambio, a da esquerda é do xoves (26 abril) e a da dereita é de onte (30 de abril). Na foto de abaixo xuntamos un verme coa súa muda vella.


Seguimos tendo moitos vermes (perto de 150), a pesar de que xa fixemos bastantes agasallos: regalamos algúns a Yoli, e tamén a Uxía e Alberte, ademáis de Alicia. Témoslle algúns reservados a Pili (e Pepa). Tamén levamos unha caixa á escola, á aula de 6º, que Manoli aceptou de bo grao.

jueves, 19 de abril de 2012

Algúns datos prácticos

A vida dun verme de seda esténdese de tres a catro semanas. Medran, comen, cagan, medran, comen e comen case sen parar. Mudan de camisa dúas ou tres veces. Cando nacen son pequenas raias negras que se moven, do tamaño dunha viruta de mina de lápis. Xa grandes, son gordos coma o dedo maimiño dunha persoa adulta e duns oito centímetros de longos. Lles chega o momento de facer o casulo e paran de comer; buscan un lugar axeitado e van tecendo a seda. Unha vez dentro do casulo se transforman en bolboretas, é unha maxia que paga a pena presenciar; o ano pasado este cambio vivímolo con emoción, xa que poidemos presenciar a saída de varias bolboretas. Os vermes viven pouco tempo dentro do casulo, unha semana ou algún día máis, e xa como bolboretas non precisan comer, o obxectivo é aparearse e poñer os ovos. En conxunto o proceso dura un mes, é como ter a primavera metida en casa.

Temporada de vermes 2012


Comeza a temporada de vermes. Sacamos as caixas con ovos do trasteiro o domingo pasado, o 15 de abril, e xa naceran bastantes vermes. Houbo que saír a buscar follas de moreira a última hora da tarde para os mini-vermiños recén nacidos. A foto é de hoxe, xa teñen perto dunha semana.

Temos tantos que xa empezamos a regalar. O primeiro agasallo foi para Andrea e Francisco, que levaron máis de cen. Tamén teñen un blog desde esta semana: coidandovermesdeseda. O seu blog é chulísimo e ten fotos interesantes. BENVIDOS!


Chegou a primavera


22 de febreiro 2012
18 de abril 2012


Esta é a moreira máis cercana á nosa casa. Está en Santa Marta, cerca do colexio Divino Maestro. Sen follas en febreiro e coas follas nacendo estes días. Mágoa que as poden tanto cada ano, porque non hai maneira de alcanzar as sabrosas follas.