jueves, 19 de abril de 2012

Temporada de vermes 2012


Comeza a temporada de vermes. Sacamos as caixas con ovos do trasteiro o domingo pasado, o 15 de abril, e xa naceran bastantes vermes. Houbo que saír a buscar follas de moreira a última hora da tarde para os mini-vermiños recén nacidos. A foto é de hoxe, xa teñen perto dunha semana.

Temos tantos que xa empezamos a regalar. O primeiro agasallo foi para Andrea e Francisco, que levaron máis de cen. Tamén teñen un blog desde esta semana: coidandovermesdeseda. O seu blog é chulísimo e ten fotos interesantes. BENVIDOS!


1 comentario:

  1. Moitas gracias!!!! e xa repartimos un montón tamén, así que os vosos vermes están a atopar novas casiñas! ;)

    ResponderEliminar