jueves, 19 de abril de 2012

Algúns datos prácticos

A vida dun verme de seda esténdese de tres a catro semanas. Medran, comen, cagan, medran, comen e comen case sen parar. Mudan de camisa dúas ou tres veces. Cando nacen son pequenas raias negras que se moven, do tamaño dunha viruta de mina de lápis. Xa grandes, son gordos coma o dedo maimiño dunha persoa adulta e duns oito centímetros de longos. Lles chega o momento de facer o casulo e paran de comer; buscan un lugar axeitado e van tecendo a seda. Unha vez dentro do casulo se transforman en bolboretas, é unha maxia que paga a pena presenciar; o ano pasado este cambio vivímolo con emoción, xa que poidemos presenciar a saída de varias bolboretas. Os vermes viven pouco tempo dentro do casulo, unha semana ou algún día máis, e xa como bolboretas non precisan comer, o obxectivo é aparearse e poñer os ovos. En conxunto o proceso dura un mes, é como ter a primavera metida en casa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario